A Xunta presentará un plan para dinamizar o galego

Centrarase nos planos social e económico e contará coa colaboración da RAG

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo anunciaba onte no Parlamento que o goberno porá en marcha un novo plan para dinamizar a lingua. Feijóo asegurou que a evolución do galego é positiva e que baixo o seu mandato deuse "aumento do cambio de tendencia a favor" da nosa lingua. No entanto, aproveitou para anunciar a vindeira posta en marcha dun plan de dinamización que se centrará nos ámbitos económico e social. A Dirección Xeral de Política Lingüística, coa colaboración da Real Academia Galega "e outras institucións" serán as responsables de elaborar este proxecto. En paralelo, o presidente tamén anunciou un "convenio co Instituto Camões para chegar ao mundo lusófono".

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Real Academia Galega, Dirección Xeral de Política Lingüística, Lingua galega