O deporte de elite aposta pola lingua no vídeo #odeportegalegofalagalego

Está producido polo Consello da Cultura Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Esta mañá do venres, no marco dos XX Encontros para a Normalización Lingüística do Consello da Cultura Galega, presentouse o vídeo #odeportegalegofalagalego. Producido polo Consello da Cultura Galega, o vídeo amosa vídeos gravados polos propios deportistas de elite galegos ao longo de todo o mundo achegando a súa visión sobre a lingua e a súa utilidade. No vídeo atopámonos aos porteiros Sergio Álvarez e Rubén Martínez; a futbolista Vero Boquete; o montañeiro Sechu López; o corredor Pedro Nimo, a campioa de vela Sofía Toro; o xogador de squash Borja Golán; a patinadora Nadia Iglesias; o adestrador Moncho Fernández; a atleta Ana Peleiteiro; a árbitra Cristina Fernández Piñeiro; o xogador de balonmán David Amor; a taekwondista Mercé Barrientos; o ciclista Ezequiel Mosquera; os futbolistas Álex Bergantiños e Fernando Seoane e o triatleta Pablo da Pena.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Normalización Lingüística, Bergantiños, Medios de comunicación...