O primeiro filme gai galego chega ás pantallas o 7 de abril

O Teatro Colón acolle a estrea de Nove de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O primeiro filme gai galego chega ás pantallas o 7 de abril

Rematada a súa xira por diferentes festivais, a longametraxe Nove de novembro, primeira de temática gai realizada na nosa lingua, chegará ás pantallas dos cinemas galegos o vindeiro 7 de abril. O Teatro Colón da Coruña acollerá a estrea nunha gala na que participará Lázaro Louzao, director do proxecto, canda ao equipo técnico e artístico desta produción. Ademar Silvoso e Brais Yanek protagonizan esta historia de amor ambientada no final dos anos 80.

O proxecto, que conseguiu boa parte do seu financiamento mediante crowdfunding, puido verse en eventos como o festival vasco Zinegoak, o New Renaissance de Amsterdam ou o qFLIX de Philadelphia.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Colón da Coruña, Medios de comunicación