A Orquestra de Cámara Galega e a compañÃa de Teatro Noite Bohemia participan no primeiro traballo de produción propia do Teatro Colón. A sala coruñesa estrea o vindeiro 31 de outubro o Don Juan Tenorio no que é o comezo dunha nova liña que inclúe a produción e coprodución de espectáculos e as residencias técnicas. Con esta primeira estrea, o Colón quere recuperar a tradición de representar arredor do DÃa dos Defuntos a obra de Zorrilla, un costume estendido por toda Europa e que tiña tamén arraigo na Cidade Herculina.
O 21 de novembro será a data na que se poderá ver a segunda montaxe desta liña de traballo. O gato con botas é unha produción para os máis novos que parte dunha composición orixinal de Rogelio Groba e que conta tamén co traballo da Orquestra de Cámara Galega, que acompañará a dez actores de Theatron Teatro sobre o escenario.
En paralelo a estas producións, a sala anuncia a estrea en decembro de Insolación. Esta coprodución adapta unha novela de Emilia Pardo Bazán con MarÃa Adánez como protagonista. O Colón desenvolverá tamén un programa de residencias técnicas que incluirá as obras Balor na acción dunha cadeira de Roi Fernández (Artesa CÃa.), prevista para febreiro de 2015 e mais Xoga da compañÃa Entremáns, unha peza que pretende achegar a danza contemporánea aos máis pequenos e que se estreará en marzo do vindeiro ano.