'Fillos do Sol' revive a Pondal sobre as táboas do Teatro Colón

A nova obra de Cándido Pazó repasa en clave de ficción dramática os últimos días do poeta

| Santiago. Redacción | Seccións: TeatroLiteratura
Compartir:
'Fillos do Sol' revive a Pondal sobre as táboas do Teatro Colón

César Cambeiro métese na pel do poeta Eduardo Pondal nos seus días crepusculares grazas a produción teatral escrita e dirixida por Candido Pazó Fillos do Sol. O Teatro Colón acolle hoxe a estrea en salas desta obra froito da coprodución entre a compañía Contraproducións e o FIOT de Carballo, en cuxa recente edición tivo lugar a estrea absoluta. O texto, dacabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, presenta ao escritor bergantiñán octoxenario e obsesionado coa obra que ocupou toda a suá vida: Os Eoas. Pondal-Cambeiro compara as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas nun diálogo cun personaxe nacido da súa propia imaxinación e coa criada da pensión na que reside. Adrián Ríos e Alba Bermúdez encarnan estes roles para a obra . As entradas para ver Fillos do sol na Coruña, no Teatro Colón son de balde, pero ao estar numeradas, é preciso sacar a entrada que se pode reservar a través de Ataquilla.com

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Colón, Cándido Pazó, Eduardo Pondal...