Volven as Visitas Cruzadas do Museo de Pontevedra

Celebraranse ao longo do mes de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Museo de Pontevedra volve organizar as Visitas cruzadas, o innovador programa de difusión das coleccións do Museo de Pontevedra no que, en cada sesión, dúas figuras destacadas da cultura percorren o museo amosando a súa visión persoal das pezas expostas e intercambiando os grupos de participantes. Desta volta, o programa celebrarase en abril e nel participarán Sés (M.ª Xosé Silvar), Xurxo Souto, Iria Pinheiro, David Cortizo, Nieves Rodríguez, Francisco Castro, Margarita Ledo e Xacio Baño. Profesionais do audiovisual, da música e da literatura integran o elenco desta nova edición. Segundo Xosé Leal, deputado de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, a escolla das guías realizouse "cunha visión de país e introducindo unha variedade relevante en canto a procedencia, e escollendo persoas que sexan relevantes no seu ámbito de referencia e tamén de diferentes xeracións". En cada unha das visitas poden participar 50 persoas previa inscrición.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Francisco Castro, Xurxo Souto, Xosé Leal...