"Visitas Cruzadas" é o tÃtulo da iniciativa que o Museo de Pontevedra porá en marcha durante os catro domingos do mes de maio para dar a coñecer os seus fondos da man de 8 persoeiros de relevancia no panorama cultural galego: UxÃa Senlle, Jorge Coira, Isabel Risco, Manuel Gago, MarÃa Lado, Kiko Novoa, Iria Collazo e Quico Cadaval. "Este é un paso máis de cara a conseguir que non exista persoa que non vexa o Museo como algo seu, e que toda a sociedade galega nos coñeza e nos visite" sinalou Xosé Leal. Cada un dos persoeiros actuará de "guÃa ocasional", para o cal seleccionará un percorrido de 30 minutos de duración polas pezas do museo. Cada xornada inclúe dous itinerarios diferentes de 30 minutos de duración, e cada unha destas dúas persoas comeza o seu itinerario guiando a un grupo de 25 participantes e ao cabo da media hora, os participantes de cada grupo cambian de guÃa, rematando cun petisco na terraza do Museo.
En cada unha das visitas, que serán de balde, poderán participar 50 persoas previa inscrición. As inscricións deben realizarse exclusivamente vÃa correo electrónico no enderezo do gabinete didáctico: gabinetedidactico.museo@depo.es. Cada luns, a partires das 10h, abrirase o prazo para anotarse para a visita do domingo desa semana. As 50 primeiras inscricións realizadas por estrita orde de entrada dos correos serán as participantes desa semana. Poderán inscribirse persoas de 14 anos en adiante, e en cada correo electrónico poderán inscribirse un máximo de 4 participantes.
Programa das Visitas Cruzadas.En cada unha das visitas, que serán de balde, poderán participar 50 persoas previa inscrición. As inscricións deben realizarse exclusivamente vÃa correo electrónico no enderezo do gabinete didáctico: gabinetedidactico.museo@depo.es. Cada luns, a partires das 10h, abrirase o prazo para anotarse para a visita do domingo desa semana. As 50 primeiras inscricións realizadas por estrita orde de entrada dos correos serán as participantes desa semana. Poderán inscribirse persoas de 14 anos en adiante, e en cada correo electrónico poderán inscribirse un máximo de 4 participantes.