Escritores, cantantes, activistas, cientÃficos, comunicadoras ou artesás pasarán ao longo deste ano polo Museo do Pobo Galego para dar a coñecer as súas pezas favoritas. O centro presentaba esta mañá en Compostela Teño unha peza, un programa co que quere conmemorar os seus corenta anos de existencia e que nace a seguir a iniciativa de promoción para captar socios Teño un museo. O proxecto achegará persoeiros da cultura e da sociedade do paÃs para dar unha conferencia por mes ao longo de 2017. Agosto, cando non haberá a actividade, e febreiro, que conta con dúas citas, serán as excepcións ao cronograma. En cada un destes encontros, o convidado falrá a partir dunha peza das que conforman a colección do Museo. Suso de Toro, Sés, Vero Boquete, Lidia Senra, Elena Ferro ou Jorge Mira serán algúns dos convidados.
Datas do programa Teño unha peza
Suso de Toro – Xaneiro, 24 á 18,30 p.m.
Sés – Febreiro 21, ás 18,30 p.m. -
Pepe Carreiro (alumnado Primaria) 17 de febreiro ás 11 a.m.
Encarna Otero – Marzo, 21 ás 18,30 p.m. (muller)
Jorge Mira – Abril, 18 ás 9,00 p.m.
Tareixa Navaza – Maio, 23 á 19,00 p.m.
Vero Boquete – Xuño, 20 ás 19,00 p.m.
Roberto Leal – Xullo, 18 ás 19,00 p.m.
Rubén Aramburu – Setembro, 19 as 19,00 p.m.
Lidia Senra – Outubro, 19 ás 19 p.m.
Elena Ferro – Novembro, 21, ás 18,30 p.m.
Luz Darriba – Decembro, 12 ás 18,30 p.m.
Datas do programa Teño unha peza
Suso de Toro – Xaneiro, 24 á 18,30 p.m.
Sés – Febreiro 21, ás 18,30 p.m. -
Pepe Carreiro (alumnado Primaria) 17 de febreiro ás 11 a.m.
Encarna Otero – Marzo, 21 ás 18,30 p.m. (muller)
Jorge Mira – Abril, 18 ás 9,00 p.m.
Tareixa Navaza – Maio, 23 á 19,00 p.m.
Vero Boquete – Xuño, 20 ás 19,00 p.m.
Roberto Leal – Xullo, 18 ás 19,00 p.m.
Rubén Aramburu – Setembro, 19 as 19,00 p.m.
Lidia Senra – Outubro, 19 ás 19 p.m.
Elena Ferro – Novembro, 21, ás 18,30 p.m.
Luz Darriba – Decembro, 12 ás 18,30 p.m.