Tres discos que verán a luz entre este mes de novembro o final de 2015 compoñen a triloxÃa Teño dÃas, teño noites, coa que Pandeiromus volta, logo de varios anos, ao estudio de gravación. Temas tradicionais e versións musicadas de textos de Sechu Sende ou Xabier Picallo compoñen a nova proposta do grupo, sempre baseada nas voces masculinas e na percusión. Logo de estrear este repertorio ao longo do verán no espectáculo Verbena galega o grupo presenta mañá, en Terractiva, a feira ecolóxica de Arzúa, Teño dÃas, primeiro volume da triloxÃa que inclúe os temas Teño dÃas, Sempre Morgan, Sete cuncas e mais Unha muller e outra muller e que está á venda por cinco euros.