Lalín, Arzúa e Lugo acollen esta fin de semana as últimas festas do verán

Apurar a fin do verán

Na fronteira entre o verán e o outono algúns concellos ultiman as súas festas. Lalín celebra desde hoxe ata o martes as súas tradicionais “Festa das Dores” que contará coa presenza de Sidonie, Efecto Mariposa e Celtas Cortos (todos os concertos son de balde). Pola súa banda Arzúa acolle unha nova edición de “Terractiva 2006” que con actividades lúdicas e culturais ten como obxectivo a defensa da terra. En Lugo, na antesala do San Froilán, que comeza o vindeiro 5 de outubro, hoxe comeza o festival de hip-hop “Muralla Musik”. Solo los Solo, a Mala Rodríguez e Tote King xunto con varios grupos locais son algúns dos participantes neste festival que cambia de localización para inaugurar a Casa da Música.

Consulta os programas das festas de Lalín, do Terractiva, en Arzúa, e do inicio de Muralla Musik no web do Concello de Lugo