Os Melidaos lanzan Axudádeme a cantar

O sexteto tradicional integra voces neste seu segundo disco

24/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Capa de Axudádeme a cantar

Logo de máis de dez anos de carreira, o grupo Os Melidaos acaban de presentar o seu segundo disco. Axudádeme a cantar incorpora voces á formación de gaitas, percusión, clarinete e acordeón, e achega catorce temas tradicionais e de composición propia, como Pasodobre de Marcelino ou Pasando pola vila de Arzúa, sempre cun marcado respeto ao legado musical galego. O álbum foi gravado nos estudios Abrigueiro, en Friol, e logo de se presentar en Melide, o vindeiro sábado 26 a partir das 20:30 horas poderá escoitarse na sede do Coro Toxos e Froles de Ferrol. O concerto é de balde.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arzúa, Melide

Claves

Lugares