Brañas Folk baila nas Burgas

O grupo presenta en Ourense o seu novo disco logo de cinco anos

30/4/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O vindeiro sábado 3 de maio os Xardíns Padre Feijoo de Ourense acollerán o concerto de presentación de Danza das Burgas. O grupo Brañas Folk dá a coñecer na vila natal o seu novo disco logo de cinco anos. Doce temas de corte tradicional, instrumentais e cantados, nos que se apreza a riqueza sonora dun conxunto formado por oito membros e que conta con múltiples colaboracións de renome. Gaitas, whistle, zanfonas, arpas, violíns, acordeóns, piano, guitarra, baixo ou batería son algúns dos instrumentos cos que se interpretan temas como Xota de Ourense, Millo verde ou Pasodobre de Ventosela.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Folk, Danza

Claves

Conceptos
Lugares