Co gallo da celebración do 40 aniversario do Museo do Pobo Galego (MPG), a institución ven de presentar un ciclo de foros a celebrar entre a semana que ven e decembro deste ano. Baixo o epÃgrafe O noso pobo: de hoxe noutros corenta anos o MPG reunirá en nove citas periódicas a destacados autores e persoeiros para reflexionar, en actos abertos á participación do público, sobre unha variedade de temas que afectan á vida e ao futuro como paÃs e sociedade. Desde o MPG prentenden que estes actos sirvan "para a reflexion, o debate e a reactivacion da galeguidade". Hoxe asÃnase co Parlamento de Galicia un convenio entre a cámara galega e o MPG para o financiamento deste ciclo. Cada foro incluira varios relatorios breves sobre os puntos mais relevantes do tema en cuestión e un debate con participación do publico. Todas as sesións, salvo indicación en contrario, terán lugar no auditorio do Museo do Pobo Galego en San Domingos de Bonaval, en Santiago.
A primeira das citas previstas do ciclo terá lugar o vindeiro martes 9 de maio arredor do documento pre-estatutario de Galicia co tÃtulo Estatuto dos Dezaseis, xermolo do noso futuro. Neste foro participarán Luis Caramés Vieitez, catedratico de Facenda Publica (USC); Alvaro Lopez Mira, profesor de Ciencia Politica (UVigo); Xosé Antonio Pena Beiroa, economista; Pablo González Mariñas, profesor de Dereito Administrativo (UDC) e membro da Comisión dos 16 moderará o foro. A partires desta primeira cita o MPG acollerá estes foros mensualmente, parando no mes de agosto, ata o 14 de decembro no que se pechará o ciclo co debate Identidade contra 2057, no que tomarán parte Jorge Algora, presidente do Cluster do Audiovisual; Manuel Bragado RodrÃguez, director de Edicións Xerais de Galicia; Henrique Monteagudo Romero, sociolingüista e membro da RAG; Xosé Manuel Gonzâlez Reboredo, etnógrafo e presidente da Xunta Reitora do MPG e con MarÃa Xosé Fernandez Cervino, do Padroado do MPG, como moderadora. Entre medias pasarán polas mesas do foro persoeiros como o expresidente da Xunta Emilio Pérez Touriño; Virxinia Rodriguez Alvarez, presidenta da Asociación para a Defensa Ecoloxica de Galicia; Angel Carracedo Alvarez, Catedrático de Medicina Legal (USC); Carme Pampin Casal, presidenta de BIOGA, Cluster das Ciencias da Vida ou Miguel Angel Santalices Vieira, médico e presidente do Parlamento de Galicia, entre outros moitos ata os case corenta intervintes que contemplan estes foros.
Presentación e programa dos Foros do MPG.A primeira das citas previstas do ciclo terá lugar o vindeiro martes 9 de maio arredor do documento pre-estatutario de Galicia co tÃtulo Estatuto dos Dezaseis, xermolo do noso futuro. Neste foro participarán Luis Caramés Vieitez, catedratico de Facenda Publica (USC); Alvaro Lopez Mira, profesor de Ciencia Politica (UVigo); Xosé Antonio Pena Beiroa, economista; Pablo González Mariñas, profesor de Dereito Administrativo (UDC) e membro da Comisión dos 16 moderará o foro. A partires desta primeira cita o MPG acollerá estes foros mensualmente, parando no mes de agosto, ata o 14 de decembro no que se pechará o ciclo co debate Identidade contra 2057, no que tomarán parte Jorge Algora, presidente do Cluster do Audiovisual; Manuel Bragado RodrÃguez, director de Edicións Xerais de Galicia; Henrique Monteagudo Romero, sociolingüista e membro da RAG; Xosé Manuel Gonzâlez Reboredo, etnógrafo e presidente da Xunta Reitora do MPG e con MarÃa Xosé Fernandez Cervino, do Padroado do MPG, como moderadora. Entre medias pasarán polas mesas do foro persoeiros como o expresidente da Xunta Emilio Pérez Touriño; Virxinia Rodriguez Alvarez, presidenta da Asociación para a Defensa Ecoloxica de Galicia; Angel Carracedo Alvarez, Catedrático de Medicina Legal (USC); Carme Pampin Casal, presidenta de BIOGA, Cluster das Ciencias da Vida ou Miguel Angel Santalices Vieira, médico e presidente do Parlamento de Galicia, entre outros moitos ata os case corenta intervintes que contemplan estes foros.