Logo de a presentar na Coruña o pasado mes de novembro e de a levar a Arteixo o 8 de marzo, a compañía Estudo do Momento retorna ao Centro Ágora da Cidade Herculina para presentar a súa adaptación de Ibsen. 1879. Casa de bonecas achega unha versión de 60 minutos do clásico escénico no marco do ciclo Clásicos Nunha Hora. Esta iniciativa foi galardoada cun dos premios Luísa Villalta da Deputación da Coruña como parte do proxecto Por min mesma. Mulleres Pioneiras
A coincidir coa representación, Edicións Positivas presentará a súa nova colección DiTEATRO, que abre precisamente coa adaptación que realizou Xoán Carlos Mejuto do texto de Ibsen para esta compañía. Segundo adianta a editorial, esta nova serie pretende incrementar a lectura de textos dramáticos así como incrementar a consideración deste xénero entre o público.