Nace o LabCareixa, un proxecto de creación escénica colectiva

Esta iniciativa da Deputación da Coruña reunirá cinco artistas arredor dun texto de Luísa Villalta

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Un laboratorio de teatro experimental e artes visuais. Así define a Deputación da Coruña o LabCareixa, proxecto que presentaba este 17 de febreiro. A proposta, que contará co comisariado de Sergio Marey, quere ser un "novedoso proceso de experimentación, formación e creación artística colectiva" no que cinco artistas de diferentes disciplinas desenvolverán, a partir dun texto de Luísa Villalta, unha peza escénica de natureza performática.

No marco do LabCareixa as artistas participantes reuniranse entre o 1 e o 4 de marzo no pazo de Mariñán para traballar arredor deste texto. Nesta mesma fase desenvolveranse clases maxistrais sobre a creación dramática da man de Afonso Becerra, MissBeige e Xesús Ron. Logo desta fase, desenvolverase durante un mes e medio a creación da peza final, que se presentará publicamente no vindeiro mes de abril no mesmo pazo.

A completar esta iniciativa desenvolveranse charlas abertas ao público na Coruña. A primeira terá lugar o mércores 2 de marzo, ás 19h, na Casa Museo Casares Quiroga e correrá a cargo de MissBeige. Ao día seguinte a charla correrá a cargo de Xesús Ron e no Monty Ambigú.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luísa Villalta, Deputación da Coruña, Sergio Marey, Natureza...