A editorial Baia edicións ven de presentar unha nova iniciativa en forma de premio literario e que estará apadriñada baixo o nome da escritora Fina Casalderrey (Pontevedra, 1951). A convocatoria do I Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade deuse a coñecer co gallo da celebración do 8 de marzo, para promover a educación en igualdade e como homenaxe a todas as persoas que fixeron a aposta de escribir literatura infantil non sexista. A editorial convoca tamén outro certame o Meiga Moira de LIX que xa vai este ano pola oitava edición. A proposta deste novo premio, que dotará con 5.000 á obra gañadora, é unha chamada a participar con obras que atendan ao concepto de literatura infantil non sexista e coeducativa en calquera dos seus aspectos, introducindo elementos críticos que cuestionen o modelo social sexista dominante. Poderán concorrer ao premio autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega conforme á normativa vixente. O prazo de recepción de escritos está aberto ata o vindeiro 2 de abril e a obra gañadora darase a coñecer o 25 de xuño.