Xavier López Rodríguez gaña o III Premio Meiga Moira de LIX

O autor ten unha importante traxectoria como autor de literatura infantil

29/9/2008 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
12 lecturas | Compartido 0 veces
Baía Edicións vén de resolver o III Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 no que resultou elixida como gañadora a obra presentada baixo o lema Os globos de andar da autoría do xornalista e escritor Xavier López Rodríguez. O xurado resolveu a súa decisión destacando que a historia gañadora “pon de manifesto as mellores cualidades da infancia dun xeito orixinal. (...) A historia é reforzada coa utilización dunha linguaxe sinxela, accesible e fluída” Ao III Premio Meiga Moira presentáronse máis de 50 orixinais.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Entidades