A coincidir coa celebración do Día das Letras falláronse dous destacados galardóns literarios do país. Baía Edicións deu a coñecer o resultado do décimo premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil, que foi para Ánxela Gracián pola súa obra Donas de nós.
A acta do fallo destaca "a súa proposta de revisión e reescrita da mellor tradición literaria ao incorporar como protagonistas personaxes como o Mago Merlín, a Fada Morgana, o Príncipe Azul ou os Reis Provenzais, creando un artefacto dramático metaliteraturizado non exento de humor e ironía, onde se visitan e actualizan temas importantes do noso tempo e de todo tempo dando unha ollada claramente identificada e feminista".
Ademais, apunta que a autora "quixo apostar pola escrita teatral como xénero idóneo para achegar os valores da creación literaria e como vehículo para convidar á mocidade a coñecer e recoñecer o mundo que nos rodea, as súas problemáticas e os seus retos e os camiños aínda por andar, así como unha ferramenta para o desenvolvemento persoal". Gracián recibirá un premio de 2.000 euros e verá a súa obra editada por Baía Edicións. O xurado estivo composto por Violeta Meléndrez, Pilar Ponte, Armando Requeixo, Blanca-Ana Roig e Olalla Sánchez.
En paralelo, o Concello de Padrón deu a coñecer o fallo do oitavo certame poético Rosalía de Castro, no que resultou vencedor o noiés Manuel López Rodríguez co poemario Neste mesmo intre. O xurado destaca a "gran riqueza de imaxes" coa que o autor recrea "unha Compostela extinta na que se producen certos achados literarios". O xurado, presidido polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández, estivo composto por Lorena Couso, Anxo Angueira, Manuel Lorenzo Bailerón, Elvira Ribeiro, Miriam Ferradáns e Rafa Vilar. O certame recibiu un total de dezanove orixinais e o gañador recibirá 1.500 euros en metálico e verá a súa obra publicada na colección poética do concello.