O fallo do I Premio Fina Casalderey de Literatura Infantil pola Igualdade resolveuse cun reparto ex aequo entre dúas das obras presentadas a este novo certame convocado pola editorial BaÃa Edicións. Esa foi a decisión unánime do xurado, tras moitas deliberacións, ao considerar merecedoras do premio por igual as obras A reconquista, de AntÃa Yáñez e de Sabela Losada Cortizas. O Xurado manifestou sobre estas dúas obras que atenden a ámbitos moi distintos e complementarios. "A reconquista -argumenta a acta do xurado- por un acaÃdo tratamento da ocupación do espazo central, o liderado feminino e a solidariedade. Ademais, a combinación de dúas voces narrativas diferentes, que aluden ao humano e animal, e ao ámbito da ficción e do libro divulgativo". De Vermella! dÃa o xurado que merece este premio por tratar no eido da literatura infantil un tema pouco tratado e tabú como é o da menstruación "desde unha perspectiva de indagación case que policial e de divertimento por parte da rapazada protagonista.". As obras serán publicadas por BaÃa Edicións na colección Contoxconto e o Premio de 5.000 € repartirase a partes iguais entre as dúas escritoras.