Amador Castro, Enma Pedreira e Rosa Aneiros sion os respectivo gañadores da XXXVIª edición do Premio Xerais de Novela, a XIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXIVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, os tres premios dotados con 10.000 euros cada un. O xurado dos tres galardóns englobados como Premios Xerais, pola editorial convocadora, fallou o pasado venres a actual edición a favor das obras escritas polo escritor e as dúas escritoras que estaban entre as case cen obras presentadas este ano entre os tres galardóns. A festa de entrega terá lugar no mes de outubro coincidindo coa aparición dos libros editados das obras gañadoras.
A novela Shanghai a Barcelona de Amador Castro foi a elixida por maioría do xurado ao Premio Xerais. A obra xira arredor da emigración galega en barcelona, unha circunstacia moi familiar para o autor que, nado en Nandulfe-Chantada, reside dende a súa infancia na cidade condal. O xurado do premio Xerais de novela 2019 estima que Shanghai a Barcelona presenta un orixinal emprego das voces narrativas, fiadas unhas con outras con afán de continuidade; "destacamos a viveza e naturalidade dos diálogos e a efectiva creación dunha atmosfera abafante ao longo de toda a novela, alén da fusión dun rexistro coloquial nos personaxes cunha linguaxe lírica presente en forma de haikus". A xuízo do xurado esta é unha novela situada nun non-lugar literario, de difícil clasificación e, polo mesmo, de elevada orixinalidade. "Valoramos especialmente o contraste de espazos urbanos -nomeadamente a cidade de Barcelona- e outros situados no rural galego, sen esquecer o retrato singular da migración galega a Barcelona", comentan no ditame. Amador Castro Moure é licenciado en Ciencias políticas e socioloxía, traballa na creación de aplicacións informáticas e administrador de sistemas.
Rosa Aneiros completa o triplete dez anos despois
Xelís, o guieiro das botellas de mar é o título da obra coa que Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) acadou os votos da maioría do xurado do Premio Merlín de Literatura Infantil. O xurado destaca a excepcional construción dun universo propio, habitado por unha rica galería de personaxes que se sitúan entre o fantástico e o real, para tratar a problemática actual da crise ecolóxica e da contaminación do plástico. Salienta tamén a presentación do conflito entre tradición e cambio, así como a defensa do pensamento crítico e autónomo e a unión solidaria como medios para solucionar os problemas aos que se enfronta a humanidade. A historia, segundo o xurado, está tecida mediante o uso dun galego de gran riqueza léxica que, con todo, non dificulta a perfecta accesibilidade da lectura. A escritora, que recibe este premio cando fai exactamente dez anos desde que gañara o Premio Xerais de Novela por Sol de Inverno e o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil (predecesro do Jules Verne) por Ás de bolboreta (Xerais 2009), declarou sobre Xelís, o guieiro das botellas de mar que certamente é unha obra de denuncia do deterioro do planeta, en particular dos océanos pola contaminación dos plásticos, "pero tamén unha obra de esperanza sobre o poder da amizade e da forza do nós".
Pedreira volve ao palmarés un ano despois
A filóloga, poeta e narradora Emma Pedreira (A Coruña, 1978) gañaba o pasado ano 2018 o Premio Xerais de Novela con Besta do seu sangue e agora volve ao palmarés da edición dentro da modalidade xuvenil que recolle o Premio Jules Verne. A súa obra Os corpos invisibles foi a única das tres categorías que acadaba o premio por unanimidade do xurado, que no seu ditame sinalou entre os puntos fortes deste relato o firme feminismo da obra; o retrato social focalizado en problemáticas femininas e a visibilización do papel das mulleres. Ademais o xurado tamén gaba a orixinalidade da perspectiva adoptada para o desenvolvemento da trama e o tratamento da violencia económica e a loita por ver recoñecidos os logros científicos e intelectuais das mulleres fronte á apropiación que deles fixo o patriarcado ao longo da historia. Da obra gañadora Enma Pedreira di: "Todas as propostas que se artellan nesta novela entre histórica, metaliteraria e extravagante conflúen nun punto coñecido: as mulleres. As escritoras, as científicas, as traballadoras, as nais, as nenas escravas, as rapazas que están a descubrir a súa sexualidade ou de que vai o mundo. Todo desde a ollada de L.C, unha rapaza de hai case dous séculos, traballadora dunha fábrica téxtil en plena revolución industrial e a dunha muller de clase alta, Prometea Stoner, unha vella amiga daquela escritora que a principios do XIX escribiu a primeira novela de terror da modernidade, Frankenstein."