
A quinta convocatoria do Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade deu en premiar a Ana Rebeca Fernández González pola súa obra 'O segredo das CÃes'. O xurado composto por MarÃa Pousa RodrÃguez, Patriza Porto, Adelaida Vidal, Xosé Manuel Lobato e Belén López Vázquez acordou por maiorÃa concederlle o premio á obra. Na exposición de motivos o xurado dixo ter valorado deste texto que a iniciativa que desencadea a trama "parte dunha pÃllara pequena e feminina, que actúa con sensibilidade, contrapoñendo a razón fronte a forza, e poñendo en valor o que aporta a individualidade dentro dunha comunidade", ademais engade o feito de que a trama desenvólvese "nun escenario natural recoñecible e fermoso, onde diferentes plantas e animais son importantes por igual, incidindo na importancia de habitar e preservar espazos colectivos que determinan o desenvolvemento das individualidades". Remata o xurado considerando valorable o feito de ser este "un relato sen artificios no que a solidariedade entre iguais funciona fronte ás inxustizas". O premio, convocado por BaÃa edicións, comporta para a gañadora 2.500 euros en concepto de dereitos de autorÃa pola súa publicación.