O Consello da Cultura Galega acollÃa esta mañá a presentación da sexta xeira de No bico un cantar. O concerto que anualmente organiza a entidade en colaboración coa ConsellarÃa de Cultura desenvolverase o vindeiro 1 de xuño na Igrexa de San Francisco de Betanzos e reunirá como é habitual cincocentos estudantes, crianzas e adolescentes, de conservatorios de todo o paÃs. A actividade, que pretende divulgar a literatura galega a partir da música, promoverá nesta volta o labor dos poetas poopulares cun repertorio conformado integramente por alalás aos que se suma a xa tradicional interpretación de Maio longo.
Canda aos alalás de MuxÃa, das Mariñas e de Camariñas, da tradición musical galega, o concerto suporá a estrea dunha versión musicada do Alalá á vella maneira de Manuel Rivas desenvolvida pola compositora Teresa Bretal. Os cantores estarán acompañados como é habitual da Hércules Brass e contarán con arranxos de Juan Durán.
O profesorado e o estudantado dos conservatorios profesionais de Música da Coruña, do Xan Viaño de Ferrol, do Xoán Montes de Lugo, do de Ourense, do Manuel Quiroga de Pontevedra, do de Santiago de Compostela, e mais do de Vigo fan parte desta iniciativa, que conta coa colaboración do Concello de Betanzos