
O proxecto, que bota a andar este martes 13, amosará de xeito sucesivo ao longo de oito meses seis pezas achegadas por coleccións públicas e privadas do paÃs. Arredor de cada unha delas desenvolverase unha conversa con traballadores e traballadoras de museos para saber máis sobre cada un dos elementos e mais sobre as problemáticas do sistema museal do paÃs.
Un fragmento do mosaico romano da Cigarrosa inicia a vindeira semana a actividade, cun encontro no que Xulio RodrÃguez e Ana MarÃa Veiga, do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, xunto á comisaria da actividade debaterán sobre "A orixe histórica dos museos galegos e o traballo das Comisións Provinciais de Monumentos" a partir das oito da tarde.