Luís Iglesia e Marcos Orsi fan da cincuentena espectáculo en 'Sénior'

A nova montaxe de Culturactiva SCG estréase este sábado en Ourense

27/2/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos

Foto: Culturactiva SCG

Este sábado día 3 de marzo, o Auditorio Municipal de Ourense acolle a estrea oficial da obra Sénior nova produción de Culturactiva SCG. Os actores Luís Iglesia e Marcos Orsi, baixo dirección de Avelino González, presumen de canas e protagonizan este espectáculo cómico sobre a crise dos 50, que debe o seu nome a un xogo de palabras como acrónimo de "Sentir a idade con orgullo". O espectáculo tivo unha pre-estrea o pasado día 24 en Cariño e comeza en Ourense a xira, o vindeiro día 10 estará en Ortigueira e o 24 de marzo recalará en Muros. Sénior é unha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade. Cunha comicidade sinxela e directa, na que doadamente se verá identificada a audiencia, e apoiada nun texto de creación propia, Sénior permite rir das situacións cotiás, de anécdotas e de escenas que só se poden vivir, gozar e padecer a partir dos 50 anos. Iglesia e Orsi levan ao escenario cuestións esenciais da vida cotián do home sénior como: "¿...visto como meu fillo ou como meu pai...?, ¿...Como estarei mañá se tomo un segundo gin-tonic...?”¡".

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións
Compartir:

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Ourense, Culturactiva, Avelino González...