Malasombra estrea 'Testosterona' con Luis Iglesia e Camila Bossa

A montaxe é unha comedia sobre desigualdade laboral escrita pola mexicana Sabina Berman

25/10/2023 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: TeatroEspectáculos
12 lecturas | Compartido 0 veces

O Auditorio de Sigueiro, no Concello de Oroso, acolle mañá xoves a estrea da nova montaxe de Malasombra Producións. Xoque Carbajal adapta a obra "Testosterona" da escritora mexicana Sabina Berman e dirixe a Luis Iglesia e Camila Bossa no novo espectáculo que o xoves ten un pase ás 20:30 horas con invitacións repartidas de balde desde o propio Concello e o sábado estará aberto ao público xeral con taquilla. A compañia xa ten un calendario de xira do espectáculo que percorrerá despois concellos como Teo, Cabanas, Ordes, Vimianzo, Santa Comba, Porto do Son ou Outes.
A obra xira arredor da decisión que debe tomar o director dun importante medio de comunicación en canto deixar o seu posto en mans dun dos seus dous sub-directores. Un é muller, home o outro. 'Testosterona' é unha comedia, pero fala da desigualdade laboral. A autora mexicana Sabina Bernan, proponnos unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo, e faino de maneira que nos sorprenderemos cun sorriso debuxado nos nosos beizos vendo as peripecias destes personaxes.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos