Malasombra estrea en Forcarei a obra 'O caso é ter saúde'

A nova comedia da compañía de Xoque Carbajal preséntase no Auditorio de Soutelo

10/3/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Teatro
Compartir:

Cartel da obra

O auditorio municipal de Soutelo de Montes, en Forcarei, acollerá este sábado, 11 de marzo, ás 20:30 horas a estrea da obra O caso é ter saúde, a última produción da compañía Malasombra. A peza teatral en clave de comedia está protagonizada por Jouse García, Xoque Carbajal, Patricia Rodríguez, Celia González e Carlos Mosquera e conta a historia dun home, Miki, que é abandoado pola súa parella tras vinte anos de relación o día da Lotaría de Nadal e minutos despois o seu décimo sae premiado co “Gordo”. Deste xeito, o protagonista non sabe ben como sentirse pois está eufórico e deprimido a partes iguais. Paralelamente, comezan a aparecer persoaxes e situacións ridículas na súa vida para afondar na condición humana e na habitual ambición polos cartos. Malasombra producións é unha compañía creada en 2006 polo actor Xoque Carbajal que defende a comedia como mellor vehículo para comunicar co público. Coa produción de Malasombra ábrese a programación cultural de primavera do concello.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Comedia, Forcarei, Nadal

Claves

Conceptos
Lugares