
Segundo a sinopse, na obra un cidadán esperta unha mañá coa ilusión de ir votar nas eleccións, pero a ilusión convértese en desencanto e frustración ao non verse representado por ningún dos candidatos. Cando xa semella decidido por absterse, achégase a el unha militante dun novo partido. Un partido que di que o escoita, que enténdeo, que apóiao e deféndeo. O cidadán, segundo o texto da obra, recupera a fe perdida e vota polo novo partido. Ese voto, e outros moitos coma ese fan que o novo partido poida chegar a gobernar, pero cando o partido chega ao poder aproveita para cambiar o sistema e convertelo nun réxime autoritario. A obra amosa como estas forzas poden chegar a poñer en cuestión aspectos como os dereitos sociais, a inmigración ou as liberdades, entre outros. A obra estréase este venres no Pazo da Cultura de Narón, representándose tamén o sábado 21 de xaneiro. Tras diso a seguinte presentación será o vindeiro dÃa 27 de xaneiro en Arteixo.