Manolo Cortés é 'O último home' no seu novo espectáculo

A montaxe estréase este sábado na Sala, unha produción de Ainé Ártika de Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: EspectáculosTeatroEstreas
Compartir:
Manolo Cortés é 'O último home' no seu novo espectáculo

A Sala Ártika de Vigo acolle a estrea este sábado 11 e o domingo 12 de xaneiro da montaxe 'O último home', unha produción de Ainé. Dirixido por Borja Fernández, este espectáculo creado e interpretado polo actor e dramaturgo Manuel Cortés e con música da dj Russ sitúanos ante a extinción da humanidade, mais faino a xeito de unha comedia teatral a modo de recital poético. Un artefacto cómico-poético-teatral para un home actor/rapsoda e unha muller DJ/ambientadora sonora, sobre a idea da extinción da especie humana. 'O último home' expón, desde a evidencia, o feito de que unha soa persoa sobreviva ao resto. Sen traumas. Sen alarmas. E con humor, por suposto. Porque non deixa de ser cómico que tendo todo a favor para gozar do mundo, o vaiamos destruír sen reparar en que nós formamos parte del. As entradas para a estrea están á venda na web e na billeteira da Sala Ártika.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Vigo, Humor, Comedia

Claves

Lugares