Festina lente, o novo espectáculo do Colectivo VACAburra, abre este venres 3 de setembro na Sala Ártika de Vigo a temporada de estreas das seis pezas de danza coproducidas pola Xunta de Galicia a través das convocatorias específicas do Centro Coreográfico Galego para os anos 2020 e 2021. Festina lente, que poderá verse na Sala Ártika do venres 3 ao domingo 5, ás 20,00 h., é a cuarta montaxe de VACAburra, proxecto en común das creadoras Andrea Quintana e Gena Baamonde. Festina lente propón "unha reflexión sobre o momento presente, nun mundo no que a 'pel-pantalla' coloniza as relacións sociais". A montaxe pregúntase "se é posible o encontro, mirar iso que non se ve, entrar e parar. Preguntámonos como deixar xurdir novas realidades, fóra dos remuíños do capitalismo que devora, cada vez máis, a corporalidade", aseguran desde a compañía.
Na súa nova achega, Andrea Quintana e Gena Baamonde asinan conxuntamente a dirección e a dramaturxia. Ademais, a primeira delas encárgase da coreografía, da interpretación xunto a Clara Ferrão Diz e do espazo sonoro con Menina Arroutada e os arranxos de Les Silva. Completan o equipo Violeta Martínez Rivera no deseño de iluminación, Paulina Funes na imaxe gráfica, Iría Casal en fotografía e vídeo e Atenea García na produción executiva, ademais da propia Gena Baamonde en vestiario. Ao longo deste último cuadrimestre tamén verán a luz dentro desta liña de coproducións do Centro Coreográfico Galego da Axencia Galega de Industrias Culturais as montaxes Tres tristes tigres 2.0, a nova proposta da Cía. Kirenia Danza; Umbral, de Javier Martín; Credo, de Nova Galega de Danza; Nó, da compañía Elahood,e Tabú, de Colectivo Glovo.