O mundo da cultura presenta novos manifestos en apoio Carlos Santiago

Asociacións de escritores e de xestores culturais e un cento de persoeiros da escena portuguesa apoian o dramaturgo

23/2/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Continúan a aparecer manifestos de apoio a Carlos Santiago ante a polémica derivada do pregón de Entroido que o dramaturgo realizou en Compostela. Nos últimos días a Asociación de Profesionais da Xestión Cultural de Galicia manifestou o seu apoio "ante os inxustificados ataques dos que está a ser obxecto", mentres a Asociación de Escritores en Lingua Galega publicou un manifesto sobre a liberdade de expresión no que "comparte o manifesto O Humor é Sagrado, da Asociación Galega de Dramaturxia, DramaturGa, polo que tamén "rexeitamos a terxiversación que das súas palabras se está a facer, así como o acoso ao que está a ser sometido a través das redes sociais e certos medios de comunicación tanto dixitais, como audiovisuais ou en papel, en defensa dun suposto respecto aos sentimentos, que ten como resultado un inxustificable ataque violento á súa persoa e á súa dignidade como traballador do humor e da dramaturxia".

A maiores, un cento de profesionais de diferentes ámbitos do sector teatral luso asinaron o manifesto Do mundo cultural e teatral português solidariedade com Carlos Santiago no que defenden a liberdade de expresión e salientan a valía artística e humana do dramaturgo e actor. Entre outros asinantes, o texto conta con apoios como os de Rui Zink, a antropóloga Paula Godinho, Helder Costa, José Rui Martins e compañías como Trigo Limpo, ou A Barraca de Lisboa.

Ao tempo, continúa a sumar apoios o manifesto A prol do Apóstolo Santiago que se pode asinar por Internet e conta cunha nutrida colección de sinaturas de colectivos e de persoas de todo o país.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito