Entidades e particulares da cultura do paÃs están a a reivindicar a liberdade de expresión e a amosar o seu apoio a Carlos Santiago ante a polémica polo pregón do Entroido de Compostela. A Revista Galega de Teatro, a asociación de autores teatrais Dramaturga e a Mostra de Teatro Cómico de Cangas publicaron cadanseu texto a prol do intérprete e a defender a liberdade creación. A estas manifestacións sumouse esta mesma mañá un comunicado conxunto da Comunicado de apoio ao pregoeiro do entroido de Santiago de Compostela que asinan a Academia Galega do Audiovisual (AGA), a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) e a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA).
Do mesmo xeito, Músicos ao Vivo publicou no seu web un texto a reivindicar a liberdade da expresión como "dereito irrenunciable" e Circonove e a Asociación de Profesionais do Circo de Galicia reivindicou "o dereito de facer humor e ficción no Entroido" no seu propio manifesto, mentres Compostela Literaria tamén amosou o seu apoio.
Canda a eles, está a circular nas redes sociais e da man do propio Carlos Santiago outro texto que, co tÃtulo de A prol do apóstolo Santiago recolleu adhesións de diferentes nomes do sector como César Goldi, Quico Cadaval, Pepe Sendón, Marta Pazos ou a compañÃa Voadora entre moitos outros.
A pasada semana, o xornal El Correo Gallego denunciaba supostas ofensas á relixión no pregón que este actor e dramaturgo pronunciou durante as festas da Entroido de Compostela.