A Asociación de Escritores en Lingua Galega ergue a súa voz en defensa do monte galego

Escritores contra o lume

11/8/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Nun escrito presentado ante os medios por Manuel Rivas e Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, os escritores avogaron por “un mundo rural de novo habitado”, xa que consideran que “o seu abandono foi parello ao abandono da nosa lingua e á perda das nosas raíces culturais”. No manifesto declaran o seu apoio á xente e aos equipos que traballan contra o lume e declaran sentirse “orgullosos do noso pobo que se nega a ser derrotado”. A AELG tamén apoia no texto as novas políticas preventivas e as medidas cara á incorporación dos mozos e mozas á actividade agrogandeira e forestal” así como a potenciación das especies arbóreas autóctonas. Os escritores declaran tamén o seu apoio á administración galega “que está a traballar honestamente” e cargan as tintas contra a oposición e a “política forestal suicida do pasado”.

Manifesto da AELG "En defensa do noso monte"

Que che parece esta nova?
14 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Lingua galega, Manifesto, Manuel Rivas...