Gustav Henningsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968 é último tÃtulo da colección "A chave mestra" que publica aCentral Folque. O novo libro CD recolle unha escolma de 38 cortes das gravacións de carácter musical que este antropólogo dinamarqués realizou durante o seu traballo de campo no noso paÃs, maiormente na comarca de Ordes. Os etnomusicólogos Xavier Groba e Sergio de la Ossa foron os responsables de escolmar o material dun estenso arquivo fonográfico que ata hoxe estaba inédito. Ademais do CD, a publicación inclúe un ensaio divulgativo, a transcrición das melodÃas e unha escolma de fotografÃas inéditas realizadas por Henningsen.
O propio antropólogo visita o noso paÃs para realizar dúas presentacións deste traballo. Será en Ordes, o dÃa 24 de febreiro, e en Compostela, o 25, nuns actos que contarán tamén con intervencións de Xavier Groba, Sergio de la Ossa, e o editor, Ramom Pinheiro. Canda a eles, a pandereteira Carme da Pontragha e o zanfonista Ariel Ninas interpretarán algúns dos temas incluÃdos no CD. O traballo fotográfico de Henningsen fora xa obxecto dunha exposición no Museo do Pobo Galego en 2015.