Antoni Muntadas protagoniza a primeira mostra do ano no CGAC

A paisaxe centra unha mostra que inclúe dúas series inéditas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Antoni Muntadas protagoniza a primeira mostra do ano no CGAC

O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle desde o pasado venres 17 de febreiro a mostra Estratexias do desprazamento. Antoni Muntadas inaugura o ano expositivo do centro cunha retrospectiva que "a través de proxectos específicos incorpora o xiro recente da súa mirada cara á paisaxe". Para alén de obras anteriores, o espazo compostelán acolle tamén as series inéditas Guadiana (2017) e Finisterre (2017). Segundo explica a presentación da mostra, Muntadas "traza un percorrido que refire un territorio inestable, cargado de interrogantes, nunha selección de proxectos que converxen ao redor de tres ideas: perder(se), desaparecer, ir(se)", baixo o comisariado de Alicia Chillida. O proxecto poderá visitarse ata o vindeiro 17 de xuño.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)