Julião Sarmiento protagoniza a nova mostra do CGAC

O centro compostelán acolle Without ata o vindeiro 3 de febreiro

Imaxe da exposicón <i>Without</i>
Imaxe da exposicón Without
O Centro Galego de Arte Contemporánea abría o pasado venres as portas de Without, a exposición de Julião Sarmiento que se pode visitar ata o vindeiro 3 de febreiro. O proxecto "explora as consecuencias formais e temáticas, así como as relacións que establece unha mirada de ton cinematográfico dun artista que, aínda que basicamente é pintor, ao longo da súa traxectoria transitou polo cinema e o vídeo, utilizou a fotografía e dirixiu performances de corte claramente cinematográfico, creando instalacións e esculturas cun fino sentido da escenografía. Curiosamente, é unha exposición sen cinema e sen vídeo, que subliña precisamente a mirada cinematográfica sobre a práctica da imaxe en movemento". O proxecto recolle pezas inéditas en Europa e de recente creación como Jet Black Tide (2016) ou as pinturas 20 Different Shades of Black Found in the Studio (2018).