Actividade intensa hoxe nos dous centros galegos de referencia para a arte contemporánea. O MARCO de Vigo acolle desde hoxe a exposición Os teus ollos din o que a túa boca cala de Celeste Garrido (MarÃn, 1972) artista cunha ampla traxectoria en proxectos teóricos e expositivos moi relacionados coa identidade e con cuestións de xénero. Esta mostra, especÃfica para o MARCO, está deseñada a partir dunha selección de obras en distintos formatos –na súa maiorÃa de nova produción– que constrúen un relato en torno á temática do corpo como material, como soporte, como suxeito e como receptor, con especial alusión ao corpo feminino e ao vestido como sÃmbolo. Comprometida como artista e como muller, os seus proxectos desenvólvense dende unha óptica feminista e un posicionamento crÃtico, formulando propostas que apelan ao espectador e o fan cómplice dese compromiso. A mostra da conta dos seus proxectos Nupcial, e o máis recente Infancias rotas, no que afronta o abuso a menores a través da creación artÃstica con dúas obras novas, Os teus ollos din o que a túa boca cala e O pacto, a ofrenda, o medo... a culpa, nas que busca a complicidade do espectador. O comisariado desta mostra que se inaugura hoxe e estará no centro vigués ata o vindeiro 14 de febreiro corre a cargo de Miguel Fernández Cid e Pilar Souto. Segundo os comisarios no percorrido das salas do MARCO, internámonos no universo Ãntimo dunha autora cunha actitude poética e comprometida "que nos fai reflexionar sobre o sistema patriarcal na nosa cultura, a maternidade, o nacemento, o matrimonio, o paso do tempo, o deterioro, a morteÂ…"
Presentación de Caosmos no CGAC
O outro centrod e arte contemporánea da comunidade ten tamén hoxe novidades. Malia levar instalada nas sala do Centro Galego de Arte Contemporánea desde marzo a exposición Caosmos de Antón Patiño preséntase hoxe oficialmente, dando ademais comezo o programa de actividades que a compaña a mostra. Caosmos é unha aproximación á traxectoria do artista monfortino centrada nunha escolma de pezas que abrangue distintas etapas do seu labor no eido das artes plásticas, desde a súa participación na fundación de Atlántica até a actualidade, pero tamén no ámbito da literatura e o pensamento, como autor de diversos libros de ensaio artÃstico e teorÃa da imaxe. Investigador das referencias culturais da Galicia moderna, mantén estreitos vÃnculos con poetas e escritores, e despregou unha intensa actividade como valedor e difusor da nosa cultura e literatura fóra de Galicia. O obxectivo da exposición é visibilizar todas estas conexións e pór de relevo as múltiples caras dunha personalidade rica e complexa. Alberto Ruiz de Samaniego é o comisario desta exposición que establece desde o tÃtulo unha fusión dialéctica entre caos e cosmos. Unha sección documental amosa publicacións, cartas e apuntamentos do artista, que se completan coa proxección de ergografÃas e cun mapa conceptual, configúrase como unha sorte de labirinto ou arañeira que describe os cumios de intensidade do Caosmos. Outra das paradas significativas da mostra é a estancia denominada Inventario de escumas, con centos de xanelas abertas ao mar, cada unha delas coa súa salpicadura ao chou. Unha peza onde as texturas sonoras do mar están presentes a través dun monitor que nos permite contemplar as obras na paisaxe dos areais atlánticos. As actividades pecharanse previsiblemente en xaneiro cunha mesa redonda sobre o colectivo Rompente. Grupo de Comunicación Poética (1975-1983) na que participarán Antón Patiño, Antón Reixa, Alberto Avendaño, Manuel M. Romón e Santiago Olmo.