Comezan os ensaios do Divinas palabras do Centro Dramático Galego

As nove persoas seleccionadas para interpretar o texto de Valle-Inclán incorporáronse á montaxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Finalizado o proceso de selección, as persoas seleccionadas para interpretar a montaxe de Divinas palabras do Centro Dramático Galego incorporáronse ás primeiras sesións de traballo desta obra. Esta mesma semana comezaron os ensaios nos que, canda a Xesús Ron, director do espectáculo, e Patricia de Lorenzo e Manuel Cortés, que protagonizarán a obra, darán voz aos personaxes de Valle-Inclán Antón Coucheiro como Sétimo Miau, Borja Fernández a facer de Miguelín, Mónica García a interpretar a Marica del Reino, Tone Martínez como Pedáneo, Victoria Pérez no papel de Tatula, Ánxela Ríos a facer de Simoniña e Tomé Viéitez a encarnar a Laureano. O proceso público de selección que realizou o Centro Dramático Galego recibiu 169 solicitudes. Está previsto que os ensaios se desensvolvan ao longo de dous meses para estrear a obra no Salón Teatro de Compostela o vindeiro 12 de abril.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Dramático Galego, Patricia de Lorenzo, Antón Coucheiro, Xesús Ron...