María Mera será a Salomé do Centro Dramático Galego

O texto de Oscar Wilde estrearase o vindeiro 26 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Teatro
Compartir:

O proceso aberto de selección para o elenco de Salomé, vindeira obra do Centro Dramático Galego, xa rematou. Finalmente será María Mera quen protagonizará a montaxe, e acompañarana no escenario Xosé Penabade como Herodes, María Salgueiro a interpretar a Herodías, Hugo Torres como Iokanaan e mais Marcos Correa e Alberte Cabarcos. O xurado seleccionou por unanimidade os actores, que comezarán os ensaios o vindeiro mes de setembro con vistas a estrear o texto de Oscar Wilde o vindeiro 26 de novembro.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Comeza  a conta atrás

Comeza a conta atrás

O CDG estrea o vindeiro venres 26 Salomé, a primeira produción de Blanca Cendán como directora

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Dramático Galego, Oscar Wilde

Claves

Protagonistas