Traxedias contemporáneas

O CDG actualiza na súa última produción o mito bíblico de Salomé

| Santiago. Redacción | Seccións: CDG
Compartir:

Nun país irreal, Galilea, un dirixente político (Herodes Antipas interpretado por Pepe Penabade) vive obsesionado pola súa sobriña Salomé (María Mera) que, á súa vez, está namorada de Iokannaán, desencadeando unha sanguenta traxedia. A historia bíblica reescrita por Oscar Wilde serve a Carlos Santiago para presentar unha aposta contemporánea, sentando a todos os protagonistas á unha gran mesa regada de alcohol e de excesos. Salomé é a última produción do Centro Dramático Galego que chega o venres 26 ao Salón Teatro (21:00 horas) e que marca o inicio da etapa de Blanca Cendán á fronte da unidade de produción de Agadic.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Comeza  a conta atrás

Comeza a conta atrás

O CDG estrea o vindeiro venres 26 Salomé, a primeira produción de Blanca Cendán como directora

Quiosco: E_scena

Quiosco: E_scena

Salomé e a temporada do Salón Teatro acaparan a portada deste número

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Santiago, Oscar Wilde, Teatro, Salón Teatro...