Unha obra de arte anónima esperta nun almacén esquecido. Quen é? A quen pertence? Cal é a súa memoria?. Este é o punto de partida do espectáculo Eila, da compañÃa Incendiaria que este sábado se estrea no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo. O cadro vivinte tira da obra poética de RosalÃa de Castro e do pintor Ovidio MurguÃa, fillo da poeta, para interpretarse nun espectáculo hÃbrido no que o movemento, a música e a palabra se funden coa intención de abordar a cuestión da construción da identidade, desvelar as voces anónimas que nos habitan e rescatar os referentes que nos envolven. Vanesa Sotelo (Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico; XIII Premi Josep Robrenyo; Premio Abrente) é responsable da dramaturxia e máis dirixe este espectáculo unipersoal que interpreta o músico e actor Davide González, encargado de compoñer tamén os oito temas orixinais que lle dan forma. O proxecto completa o seu equipo con LucÃa Estévez na creación audiovisual e Raúl Giraldo na iluminación. A estrea no Auditorio Municipal de Cangas o sábado 17 de febreiro é ás 21.00 horas. O prezo da entrada é de 8 euros.