Vanesa Sotelo recibe o premio Robrenyo de experimentación teatral coa obra “Memoria do incendio”

O premio está dotado con 3.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O premio de teatro Josep Robrenyo é un dos máis destacados da escena catalá e este ano foi parar a mans dunha galega. Vanesa Sotelo (Cangas do Morrazo, 1981) fíxose con este premio de experimentación teatral dotado con 3.000 euros pola obra Memoria do incendio escrita en galego. A obra xorde dunha viaxe a Praga, na que a autora descubriu a historia de Jan Palach e Jan Zajíc, dous estudantes que se inmolaron a finais do setenta para protestar contra a invasión de Checoslovaquia. A autora, que é membro do consello de redacción da Revista Galega de Teatro, xa ten no seu haber o o Premio de xurado do IV Certame "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico convocado pola Radio Galega con Indoor.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Revista Galega de Teatro, Radio Galega, Morrazo...