Morre o arqueólogo Luís Monteagudo

O científico tiña 99 anos e foi director do Museo Arqueolóxico da Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaSociedade
Compartir:

O que foi director do Museo Arqueolóxico da Coruña, Luís Monteagudo, morreu na noite de hoxe en Santiago á idade de 99 anos. Luis Monteagudo nace na Coruña en 1919, como profesor na Universidade de Santiago promoveu a primeira campaña de escavacións no Castro de Elviña en 1947, foi director do Museo de Avila e posteriormente do Arqueolóxico e Histórico da Coruña no castelo de San Antón. Represaliado en 1975 pola súa actitude de defensa incondicional do Museo e o Patrimonio Arqueolóxico, foi enviado en comisión de servicios forzosa ao Museo de Peregrinacións de Santiago de Compostela, xubilándose nesa situación laboral. Tamén foi membro do Deutsches Archäologisches Institut de Berlín, colaborador de Prähistorische Bronzefunde e correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia Galega. O arqueólogo será soterrado mañá en Compostela.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Arqueolóxico da Coruña, Castelo, Real Academia Galega, Elviña...