Falece o arqueólogo e historiador Juan Carlos Rivas Fernández-Xesta

Era membro correspondente da RAG e fora director do Museo Municipal de Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Necrolóxicas
Compartir:
Juan Carlos Rivas Fernández Xesta. Fonte: RAG

Juan Carlos Rivas Fernández Xesta. Fonte: RAG

Este 25 de xuño falecía en Ourense, aos 90 anos de idade, Juan Carlos Rivas Fernández-Xesta. Membro correspondente da Real Academia Galega, Rivas foi un nome destacado da arqueoloxía e da historia galegas, participando do histórico grupo Marcelo Macías e sendo o primeiro director do Museo Municipal de Ourense.

Entre outros labores, este investigador autodidacta foi un dos fundadores do Boletín Auriense e desenvolveu diferentes investigacións sobre todo enfocadas no período romano e na nistoria da diocese ourensá. Destacan nas súas obras a monografía A Ponte Maior. La razón de ser de una ciudad: El puente romano medieval de Ourense.

O seu traballo valeulle recibir en dúas ocasións o Premio Otero Pedrayo polo seu labor na Sección de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e no colectivo Marcelo Macías. En 2014 foi galardoado co Premio da Cultura Galega na categoría de Patrimonio Cultural.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Municipal de Ourense, Arqueoloxía, Real Academia Galega, Padre Sarmiento...