Este dez de xaneiro falecÃa en Badaxoz Domingo Frades Gaspar, membro correspondente da Real Academia Galega desde 2004 e grande defensor do galego de Estremadura. Axente de extensión agraria, Frades "realizou un importante labor de recompilación de vocabulario, toponimia, costumes e cantigas populares, á vez que promoveu o coñecemento da existencia das falas dos concellos cacereños de Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello", segundo lembra a Academia.
Frades, nado en 1936, foi o primeiro presidente da Asociación Fala i Cultura do Val do RÃo Ellas, dedicada á defensa e promoción desta variedade da nosa lingua. Tamén foi autor de obras como Vamus a falal. Notas pâ coñecel y platical en nosa fala , Callejeiru Mañegu ou o volume lÃrico Obra Poética Mañega, ademais de realizar a tradución ao seu dialecto do galego do Novo Testamento.
No seu labor de defensa da fala, coordinou encontros como o Congresu da Fala en Valverde e o Seminario Internacional de Linguas Minoritarias da UE celebrado na mesma localidade. O seu discurso de ingreso na RAG está dispoñible no web desta institución.