Luis Jaime Oiza Galán será o novo director do Museo Arqueolóxico da Coruña

Substitúe no posto a José María Bello despois de seis anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O Concello da Coruña nomeou a Luis Jaime Oiza Galán como novo director do Museo Arqueolóxico da Coruña. O que ata o de agora era xefe do departamento de exposicións e conservación de arte municipal substitúe no posto, que levaba deserto seis anos, a José María Bello.

Oiza é licenciado en Xeografía e Historia na especialidade de Historia da Arte e conta tamén cun mestrado en Arqueoloxía. Leva a desempeñar diferentes funcións no concello nos últimos 33 anos.

Ante a nova da elección, Bello reclamou a necesidade de que o Concello consolide o centro situado no Castelo de Santo Antón, a sinalar importantes carencias de persoal e unha perda importante da relevancia do museo.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Arqueolóxico da Coruña, Exposicións, Concello da Coruña, Castelo...