Xosé Luis Regueira é o novo director do Instituto da Lingua Galega

O filólogo é tamén membro da Real Academia Galega e substitúe a Ernesto González

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Xosé Lois Regueira. Fotografía da RAG.

Xosé Lois Regueira. Fotografía da RAG.

A xunta de goberno do Instituto da Lingua Galega (ILG), organismo dependente da USC, nomeou onte como novo director o profesor Xosé Luís Regueira Fernández, único candidato proposto polo Consello Científico. Regueira substitúe no posto a Ernesto González, que estaba no cargo desde 2013. Regueira é catedrático da área de Filoloxías Galega e Portuguesa e fai parte do ILG desde 1981. As súas investigacións céntrase nas áreas da fonética e na variación da lingua oral, a desenvolver actualmente o rol de investigador principal no proxectoz Cambio lingüístico no galego actual. O novo director é tamén membro numerario da Real Academia Galega, institución na que coordina a revista Cadernos de Lingua e participa dos seminarios de Sociolingüística e Gramática.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Instituto da Lingua Galega, Real Academia Galega, ILG...