A AELG publica na rede as actas da X Xornada de Literatura de Tradición Oral

As Palabras con memoria foron o eixe deste encontro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A AELG publica na rede as actas da X Xornada de Literatura de Tradición Oral

O pasado mes de outubro o Salón de Actos da Deputación de Lugo acollía a X Xornada de Literatura de Tradición Oral. Co lema de Palabras con memoria: topónimos, ditos, frases, nomes... con historia diferentes especialistas de ámbitos como a toponimia, a onomástica, a lexicografía ou a fraseoloxía, xuntáronse para "evocar a memoria das palabras que, tanto se as usamos coma se non, aínda están impresas no noso mapa emocional. Porque unha parte decisiva da nosa persoal e particular historia está rexistrada na alma das palabras".

A sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritora e Escritores en Lingua Galega coordinou coa colaboración da da Deputación Provincial de Lugo e da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega este encontro no que interviron investigadores como o recentemente falecido Isidro Novo, Gonzalo Navaza, Xulia Marqués, Mª Rosario Soto ou Antonio Reigosa entre outros. Agora, a AELG acaba de publicar na rede as actas que recollen a totalidade das intervencións que realizaron na sesión.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Tradición oral, Deputación de Lugo, Gonzalo Navaza...