Co lema "Fame de palabras" este 2 de abril celébrase en todo o mundo o DÃa Internacional do Libro Infantil. A conmemorar e efeméride a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) publicou no seu web o manifesto para esta data, asinado por Peter Svetina e traducido para o galego por Héctor Cajaraville. O texto reivindica a importancia da literatura a sinalar que "as palabras, nos poemas e nos contos, son alimento. Non son alimento para o corpo, porque ninguén poderÃa encher o estómago con elas. Son alimento para o espÃrito e para a alma" e lembra que a fame de palabras "toma forma de abatemento, de apatÃa, de arrogancia. A xente que sofre deste tipo de fame non é consciente de que na súa alma reina o frÃo, non se decata de que está a pasar a carón de si mesma e non se ve. Unha parte do mundo váiselle das mans sen sequera notalo".
A coincidir coa efeméride, Gálix lembra que ten aberto o certame Un poema na túa voz, ao que convida a participar a todas as rapazas e rapaces de entre 6 e 14 anos a gravar un poema en galego desde os seus fogares.