Acción contra a fame presenta en Santiago o informe Xeopolítica da fame

Fame e sede no século XXI

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Dar conta da precaria situación alimentaria no mundo, malia os avances técnicos experimentados foi o cometido da publicación presentada onte na Galería Sargadelos. O informe elaborado pola Organización Acción contra a fame relata un desolador panorama mundial no século XXI.

Xeopolítica da fame

Oitocentos millóns de persoas padecen algún tipo de deficiencia alimentaria, seis millóns de nenos morren cada ano por desnutrición, son algúns dos datos que revela o informe Xeopolítica da fame presentado pola ONG Acción contra a fame. O informe foi elbaorado por especialistas de todo o mundo, ademais de cooperantes, xornalistas intelectuais e técnicos.

Exposición fotográfica

Auga potable: un dereito, a mellor menciña é o título da exposición que está na galería Sargadelos e que contribúe a amosar a realizade do terceiro mundo. A mostra do fotoxornalista galego Xurxo Lobato reflicte o problema da auga en Angola. O programa da Auga realizado en Angola pretende rehabilitar pozos e fontes.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Galería Sargadelos, Xurxo Lobato, Xurxo Lobato...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares