Vigo converterase en outubro en sede europea da Marcha Mundial das Mulleres

O encontro terá lugar do 14 ao 20 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A loita polos dereitos femininos será o fío común das mulleres que se reúnan en Vigo do 14 ao 20 de outubro. Nesas datas celebrarase na cidade olívica a VII Marcha Mundial das Mulleres que analizará os bens comúns, o acceso aos recursos e a soberanía alimentaria. O lema desta edición é “Cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo. Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres”. Un foro, unha feira e un milladoiro para simbolizar a unión e forza das mulleres do mundo son as actividades previstas pola Coordinadora Galega da Marcha Mundial para este encontro.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Vigo, Feira, Cidade Olívica...

Claves

Conceptos